
You & Me
Nota de cata
Viño branco amarelo con irisacións dourado-verdosas, brillante e de aspecto cristalino.
En nariz amosa o seu gran potencial aromático. Invadirannos notas afroitadas, florais (flores brancas) e tropicais (piña, kiwi).
En boca a súa acidez reforzará a sensación de frescor e viveza, ao mesmo tempo que esas notas afroitadas e tropicais perdurarán. Viño alegre, vivo, ben estruturado e cun bo equilibrio en boca. O posgusto é curto pero aromático e lixeiramente amargo, característico da variedade. Fácil e agradable de degustar.
+ Info
Denominación de orixe: Rías Baixas
Coupage: 100% Albariño
Maceración: Parte da vendima foi macerada sobre lías
Temperatura: Recoméndase consumir a unha temperatura de 8 a 10 ºC
Maridanza: Ideal para acompañar peixes e mariscos.
Premios
Medalla de plata International Wine Challenge 2017 - UK
Medalla de plata Premios Mundus Vini 2017 - Alemania