
Albariño
O albariño perfecto. Unha explosión de sabores equilibrada, elegante, chea de matices que inspiran.
Nota de cata
Amosa un color amarelo palla brillante, con reflexos verdosos.
Ofrece aromas afroitados, algúns deles tropicais, destacando a mazá verde, o plátano e o melón.
En boca presenta unha entrada suave e acidez agradable, que dá paso a unha harmonía de aromas a froitas maduras enxalzadas polo pexego.
+ Info
Denominación de orixe: Rías Baixas
Coupage: 100% Albariño
Maceración: A maior parte da produción macerouse nas súas lías, un proceso que mellora a súa estrutura
Temperatura: Recoméndase consumir a unha temperatura de 8 a 10 ºC
Maridanza: É ideal para acompañar peixes, mariscos, carnes brancas e arroces.
Premios
Medalla de ouro Albariños al mundo 2017 - Irlanda
Primeiro premio XXVIII Cata Concurso D.O. Rias Baixas. 2016
Medalla de orou V Concurso Internacional de Albariños del Mundo. 2016 - Holanda