
Agnus Dei
Atopamos un viño redondo, equilibrado e coa acidez típica dos albariños.
Nota de cata
Estamos ante un viño branco de ton amarelo con irisacións dourado-verdosas, brillante e de aspecto cristalino.
En nariz apréciase unha gran riqueza aromática, con notas afroitadas, algunhas delas tropicais, destacando a mazá, o plátano, o pexego e o melón.
Presenta unha entrada suave e ácida agradable, que dá lugar a unha harmonía de aromas de froitas maduras e cítricas. Na boca apreciamos un viño ben estruturado. Viño de posgusto longo, moi aromático e lixeiramente amargo, característico da variedade.
+ Info
Denominación de orixe: Rías Baixas
Coupage: 100% albariño
Maceración: Parte da vendima foi macerada sobre lías
Temperatura: Recoméndase consumir a unha temperatura de 8 a 10 ºC
Maridanza: Ideal para acompañar peixes e mariscos.
Premios
Medalla de oro VI Concurso internacional de Albariños del Mundo 2017 - Irlanda