Back to news

Roger Fernández, o noso enólogo

21/05/2018
Roger Fernández, o noso enólogo - Vionta

Roger Fernández é o enólogo de Vionta dende hai 18 anos. Formouse en enoloxía en Barcelona e en Borgoña, Francia. O seu profundo coñecemento, paciente dedicación e ilusión sen fin fan que os nosos viños sexan únicos, cheos de matices.

Roger ten moi clara a nosa esencia: “fomos unha das primeiras adegas en introducir a maceración sobre lías nas Rías Baixas”. Isto confire unha complexidade estrutural e aromática moi peculiar aos nosos viños. A súa personalidade pode ser desfrutada polos amantes do viño máis inconformistas, sexan profesionais ou afeccionados. “Aí está o segredo”.

Os nosos viños son a expresión da terra de granito e do mar galegos. Para Roger estes dous elementos están claramente reflectidos en Vionta. A acidez e a estrutura do viño transpórtannos á dureza do granito, rocha coa que foron construídos pazos e hórreos de Galicia, e coa que nas parcelas antigas aínda se sosteñen as viñas. A súa complexidade, non obstante, únenos ao embravecido océano Atlántico, e nótase en boca a través dos vivos aromas e sabores.

En breve, Roger enfrontarase á súa 17ª anada, aínda que continúa vivindo esta aventura coa ilusión da primeira vendima, cando as cousas eran moi diferentes. “Hai 20 anos ía menos calor e chovía máis, polo que a uva chegaba cunha maduración máis suave e os mostos eran máis ácidos”. Agora o clima inverteuse: os veráns son máis secos e a uva entra máis sa, o que nos permite intervir menos no proceso de elaboración e potenciar os característicos aromas naturais dos nosos viños.

Non era doado pero conseguímolo, creamos viños únicos que falan da súa orixe e iso fainos sentir privilexiados. “Grazas a Vionta podo dar a coñecer ao mundo unha porción de Galicia”, recoñece o noso enólogo. E o mellor é poder compartilo coa xente que nos rodea.

En definitiva, Vionta é para Roger un soño cumprido. “Creo que para ter ilusión no teu traballo tes que ter algo de soñador en ti”.



* Campos requeridos
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información en nuestra Política de cookies. Máis información Aceptar