
Estreamos unha imaxe renovada, elegante e sutil para os nosos viños Vionta Albariño e Vionta Godello. O novo concepto é unha homenaxe ás nosas orixes e á terra que traballamos con orgullo, unha homenaxe á tradición dende o presente. Transmite a nosa actitude perfeccionista e inconformista, o noso ímpeto por cumprir os nosos soños creando viños únicos, de sensacións inesquecibles.
A nova etiqueta mostra a illa de Vionta como protagonista, un espectáculo natural en plenas Rías Baixas. A forma da illa está detalladamente recortada revelando unha mensaxe impresa dentro da contraetiqueta, unha mensaxe inspiradora: “Cal é o teu soño?”. O resto da composición é océano na súa totalidade e representa a nosa influencia atlántica, destacando pola súa sinxeleza e elegancia, con trazos limpos e sutís.
Esta nova imaxe resúmese no concepto “Terra de soñadores”. A nosa terra é a illa que nos dá nome, Vionta, o lugar ao que pertencemos e do que estamos namorados, o noso lar. Alí traballamos inspirados pola beleza dos viñedos das Rías Baixas e Monterrei. Soñadores son os que buscan onde ninguén buscou antes para atopar a perfección. Soñabamos con crear o albariño perfecto e o godello ideal, e conseguímolo. Vionta impúlsanos a traballar polo que queremos, descúbrenos a emoción imborrable de ver como se cumpren os nosos soños.