Back to news

Ouro no Concurso Internacional Albariños al Mundo para o noso Vionta Albariño

20/05/2018
Ouro no Concurso Internacional Albariños al Mundo para o noso Vionta Albariño - Vionta

Dende Rías Baixas elaboramos o Vionta Albariño, un viño único e cheo de matices. Para nós Vionta é un sabor perfecto, un soño cumprido. Os enólogos e sumilleres máis esixentes tamén souberon valorar o noso traballo e premiáronnos co Albariño de Ouro no Concurso Internacional Albariños al Mundo.

É o segundo ano consecutivo que o noso albariño recibe este premio da Unión Española de Catadores, un proxecto itinerante que amosa nos principais mercados de viño do mundo a calidade de albariños perfectos como Vionta. A variedade de uva albariño, que traballamos con tanto esforzo e ilusión dende Rías Baixas, valórase tamén noutros países polos seus aromas e frescura.

Este premio engádese aos outros que recibiu o noso Vionta Albariño nos últimos anos, como o “Mellor Albariño do Ano” na XXVIII Cata Concurso Rías Baixas Albariño 2015 ou os 90 puntos que lle deu a publicación americana Wine Enthusiast.

Estes recoñecementos demóstrannos que paga a pena loitar polos nosos soños. Sabemos que non chegariamos tan lonxe sen o talento das persoas que fan posible esta aventura e a inspiración que supoñen os nosos viñedos, un espectáculo natural en plenas Rías Baixas.



* Campos requeridos
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información en nuestra Política de cookies. Máis información Aceptar