Back to news

Javier Aladro, o noso enólogo

19/11/2020
Javier Aladro, o noso enólogo - Vionta

A súa paixón: o viño. A súa terra natal: Xerez, berce do viño andaluz. As súas terras adoptivas: Rías Baixas e Ribeira do Douro, que lle permitiron desempeñar o seu labor como enólogo. Javier Aladro conta cunha experiencia no mundo do viño de máis de 19 anos. É químico e enólogo de formación, pero desde moi pequeno comezou a espertarse nel interese polo mundo do viño, xa que creceu no seo dunha familia vinculada ao Xerez. Agora é o Albariño a uva que lle rouba o soño moitas noites.

“Vionta foi unha das primeiras adegas en introducir a maceración sobre leas en Rías Baixas. Isto confírelle unha complexidade estrutural e uns aromas moi especiais aos viños”, indica Javier.

Javier Aladro

Os viños de Vionta son a clara expresión do granito e o mar galegos. A acidez e a estrutura do viño transpórtannos á dureza do granito, roca coa que se constrúen pazos e hórreos en Galicia. A súa complexidade aromática líganos ás sensacións do embravecido océano Atlántico que nos ofrece uns intensos aromas afroitados.

O fresco e singular estilo de Vionta Albariño foi recoñecido e galardoado coa medalla de Ouro no concurso Internacional de Albariños ao Mundo durante dous anos consecutivos.

Vionta para Javier é un soño cumprido.

“Para ter ilusión no traballo tes que ter algo de soñador en ti”.

Por iso noso Vionta é o fogar de todos os soñadores. ¿Atrévesche a soñar connosco?



    * Campos requeridos

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información en nuestra Política de cookies. Máis información Aceptar