Back to news

Depende 2019, Ouro CINVE 2020.

14/01/2021
Depende 2019, Ouro CINVE 2020. - Vionta

Depende Albariño 2019 foi premiado coa Medalla de Ouro nos premios CINVE 2020, cun viño albariño elaborado unicamente con uvas da variedade albariño das zonas do Salnés e Condado, sendo a do Salnés a maioritaria.

Depende é a marca elaborada por Adegas Vionta enfocada a obter a mellor relación calidade-prezo nun produto. Cunha presentación moderna e desenfadada, o seu nome inspírase no carácter galego, nesa indefinición coa que conseguimos saír sempre airosos de calquera pregunta, aínda que sexa cunha resposta tan ambigua como un depende.

Se entramos a analizar o viño, en nariz apréciase unha gran riqueza aromática; destacando a mazá, o pexego e froitas tropicais como a piña. Na boca presenta unha entrada aceda e suave que dá paso a unha harmonía de aromas a froitas maduras e cítricas. En boca apreciamos un viño ben estruturado. Viño de postgusto longo, moi aromático e lixeiramente amargo, característico da variedade. Ofrécenos o recordo dos viños que os aldeáns da ría de Arousa elaboran nas súas casas. É un viño ideal para acompañar calquera tipo de peixe ou marisco.



    * Campos requeridos

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información en nuestra Política de cookies. Máis información Aceptar