Terra de soñadores

Un sabor perfecto, un soño cumprido

Vionta é o lar de tódolos soñadores.
Nós soñabamos con crear o albariño perfecto e aquí conseguímolo. Por iso, agora lanzamos unha mensaxe ao mundo en cada botella de Vionta:
Atopa o teu propio soño e non pares ata alcanzalo.

O noso lar

Vionta é a nosa pequena illa galega.
Sabemos que non chegariamos tan lonxe sen a inspiración que supón este espectáculo natural en plenas Rías Baixas. Un lugar dende o que traballamos inspirados por Galicia coa forza inesgotable da imaxinación.

O noso lar - Vionta

Descubre a esencia de Bodegas Vionta

Uns viños de sensacións inesquecibles.

Vionta impúlsanos a traballar polo que queremos, descúbrenos a emoción imborrable de ver como os nosos soños se cumpren.

A terra

Namorados da terra que pisamos, unha terra privilexiada que nos brinda a oportunidade de colleitar en condición inmellorables. Soñar tamén é buscar o lugar ao que pertences e aquí nós atopamos o noso lar.

A terra - Vionta

A perfección

Para acadar o albariño perfecto seleccionamos e tratamos cada uva coa maior dedicación e coidado. Dentro de cada botella de Vionta atópanse toda a enerxía e ilusión dos nosos expertos por ofrecer unha materia prima incomparable.

A perfección - Vionta
Albariño - Vionta

Albariño

O albariño perfecto. Unha explosión de sabores equilibrada, elegante, chea de matices que inspiran.

Comprar
Nota de cata

Amosa un color amarelo palla brillante, con reflexos verdosos.

Ofrece aromas afroitados, algúns deles tropicais, destacando a mazá verde, o plátano e o melón.

En boca presenta unha entrada suave e acidez agradable, que dá paso a unha harmonía de aromas a froitas maduras enxalzadas polo pexego.

+ Info
Denominación de orixe: Rías Baixas
Coupage: 100% Albariño
Maceración: A maior parte da produción macerouse nas súas lías, un proceso que mellora a súa estrutura
Temperatura: Recoméndase consumir a unha temperatura de 8 a 10 ºC
Maridanza: É ideal para acompañar peixes, mariscos, carnes brancas e arroces.
Premios
Medalla de ouro Albariños al mundo 2017 - Irlanda
Primeiro premio XXVIII Cata Concurso D.O. Rias Baixas. 2016
Medalla de orou V Concurso Internacional de Albariños del Mundo. 2016 - Holanda

Godello - Vionta

Godello

Un godello con carácter. O seu aroma intenso é a inspiración perfecta para alcanzar os teus soños.

Comprar
Nota de cata

Caracterízase por ser un viño limpo, brillante, de cor amarela limón con reflexos verdosos. Con aromas afroitados a mazá verde, froita de óso, pera e recordos cítricos moi marcados. É un viño de intensidade media. En boca, volve a froita e presenta un equilibrio acidez-alcohol perfecto.

+ Info
Denominación de orixe: Monterrei
Coupage: 100% Godello
Maceración: Ao rematar a fermentación o viño mantense dous meses sobre as lías
Temperatura: Recoméndase consumir a unha temperatura de 8 a 10 ºC
Maridanza: Viño de bo volume en boca. Ideal para acompañar aves á prancha, peixes brancos, queixos semicurados e caldo galego.

Otros vinos de la bodega

Agnus Dei

Máis información
Agnus Dei - Vionta
Comprar

You & Me

Máis información
You & Me - Vionta
Comprar

Noticias

Ver todas



    * Campos requeridos

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información en nuestra Política de cookies. Máis información Aceptar